16/04/2009

D. Marcial Gondar, ilustre antropólogo galego entre outras cousas tan ou máis senlleiras (parte I, se escribo a II)

Dicía D. Marcial Gondar, ilustre antropólogo galego, lembrado conferenciante e inesquecible profesor, entre outras observacións tanto ou máis interesantes, que os grupos sociais tenden unirse ante o perigo. Non sei de onde sacan algúns esas privilexiadas mentes, por máis que o traballo sexa a fonte da sabidoría. Pois Marcial, perdoen o tuteo, dicía que algunhas aves meten o pescozo e máis o pico cara dentro dun círculo imaxinario como xeito de disuadir ó inimigo de atacar a tanta multitude. Sobre todo pola forma de muralla, se ollamos esa figura cara ó centro.

A pegada de certas persoas na vida persoal, intelectual e profesional doutros que as escoitan supera os límites do racional. Digamos que cando desaparece ese profesor da túa curricula de licenciatura, cando deixa de impartir materias que ti poidas estudar, algo morre dentro de ti. Que será iso? Unha semente sen pólas nin froitos, iso morre. Quédache un balleiro inmenso. Perdoa Marcial, porque en 24 anos, van para 25 xa, non puiden encher ese baleiro intelectual. E digo perdoa porque a semente ficou a medio crecer. Algo tocada polos ventos e polos regatos de bágoas de tristura.

Matinaba eu, cando estaba a decidir volver escribir aquí, despois de 25 días sen facelo (como pasa o tempo!) que a mensaxe sobre a unidade lle ía vir moi ben ó BNG cara ó seu Consello Nacional. Non son eu quen de dar consellos, pasaba a pensar de súpeto. Como que non? -preguntaba como resposta. Pois é tan sinxelo como abrir galegaenmadrid@blogspot.com e poñerse a escribir. E entón se me cruzou nos miolos ese a quen lle debo moito maís do que el pensa e sobre todo non lle dar unha filla intelectual á súa altura. Rectifico: preto dunha altura dende a que se poda ver a súa altura.

Marcial é deses profesores que debería ser obrigatorio escoitar por pracer, en todas as carreiras, ou sentar con el tres horas seguidas en horario de titorias, e repetir outro día, e conversar, e escoitar.

Desafortunadamente, a madurez intelectual chega polo xeral coa emocional e non podo atopar máis excusas para o meu pecado. Que non foi o de Caín: nunca envexo a quen só podo ver de lonxe na noite escura, como sucede coas estrelas. Foi o de Adán: querer saber máis do árbore do ben e do mal. Probeino. E desagradoume. Non gozo co mal e non podo acadar o ben. Son unha humilde mortal.

Grazas Tino (ti xa sabes quen es, dígocho por dicirme que escriba, a próxima vez fareino mellor). Polo menos é un comezo. Nostálxico, mais comezo.

Marcial: non me guía ningún interese. Aínda que non creas que se actúa sen estar interesado/a. Nunca esperei nada, non o vou facer agora. Só quería darche as grazas.

2 comentários:

  1. Yo tuve el honos de escucharlo hace unos años en un curso y me pareció muy interesante. Sobre todo porque tiene la capacidad de abstraerte, solo lo puedes escuchar a él mientras está hablamdo.

    Que suerte que te diese clase!!!

    MALACITANO

    ResponderExcluir
  2. pues en el diguiente post hable de su profesionalidad. es un crack. gracias malacitano..

    ResponderExcluir