24/01/2011

canto tempo sen vervos

Ola, amig@s:

Estou en clase de informática. O profesor está a indicar os tres pasos para crear un blogue. Antes diso, creamos scripts, programamos en html, xml, javascript...

A min a informática me gusta. O único que acontece é que despois de saír de clase, ou de programar, sinto unha grande necesidade de ler. De formación humanística, a sintaxis formou parte da miña vida en bacharelato e na titulación de Filosofía (pura). Mais non podo resistirme a unha boa biografía ou novela, nin a ler xornais online, nin a escribir. É o ideal renacentista do coñecemento, do que aínda seguimos a vivir malia o que poida parecer.

Estes días ando a ler unha biografía de John F. Kennedy, que comecei o día do 50 aniversario da súa toma de posesión, o 20 de xaneiro de 1961. En realidade a reler, porque a memoria é limitada e convén refrescar as conexións neuronais. As cousas polas que pasa un mandatario... E, como na obra de García Márquez, o lector xa sabe de antemán o desenlace tráxico.

O autor vai indicando cada pouco a présa que John F. Kennedy tiña por facer, por vivir, como se dalgún xeito a súa mala saúde, dende a infancia, lle predispuxera a iso, ou como se un destino -escrito nalgún misterioso libro- o empurrara a facer cousas, resolver conflictos, evitalos, formar unha familia e cousas así.

E aquí estou, de volta en blogger, quizais por uns días ou meses, porque tamén eu sinto que me queda pouco de vida. É unha mensaxe que as miñas neuronas envían ao meu pensamento dende hai tempo, e nos últimos seis meses a cotián. No caso de morrer nova, e nova significa antes dos 50, teño que dicir que estou preparada ata onde a lóxica o permite.

Se morro acabarase a dor, a existencia, mais espero e desexo que algo fique no ar de min. Polo menos as miñas verbas. As colaboracións en Galicia Hoxe ou Mundogaliza.com. Ou a lembranza nas persoas que me coñeceron.

Ata outra, compañeir@s.

Nenhum comentário:

Postar um comentário